English French German Italian Portuguese
Chámenos: 981 160 196

BOLSA PARA PRÁCTICAS NO EXTRANXEIRO

O CONCELLO DA CORUÑA CONVOCA 33 BOLSAS PARA TITULADOS DE GRAO MEDIO DE FP PARA FACER PRÁCTICAS DE NOVE MESES EN VARIOS PAÍSES EUROPEOS  

 

O Concello da Coruña, en colaboración coa Deputación Provincial da Coruña, convoca un total de 33 bolsas para estudantes titulados en graos medios de FP para facer prácticas formativas durante nove meses en empresas de varios países europeos. O programa, denominado Bolsas Europa FP-Proxecto Acore Europa, está cofinanciado polo Organismo Autónomo Programas Educativos Europeos (OAPEE), dentro da convocatoria do Erasmus+ 2014.

A inscrición estará aberta ata o 10 de outubro. A inscrición pode facerse na ficha disposta na web www.edu.coruna.es, onde tamén se pode ampliar a información sobre este programa.

O Concello convoca dentro deste programa un total de 33 bolsas para estudantes titulados en graos medios de FP para facer prácticas formativas durante nove meses en empresas, no período de xaneiro a outubro de 2015, de Reino Unido, Irlanda, Austria, Francia e Italia.

 

Para participar na segunda convocatoria do programa é necesario ter finalizados os estudos de ciclo medio de FP no curso 2013/2014 en institutos de ensinanza secundaria ou centros integrados de FP públicos do concello da Coruña e desenvolver e superar a FCT no último trimestre deste ano.

 As bolsas cubren as viaxes de ida e volta ao país de destino, a estadía durante nove meses, o contrato de formación cunha empresa, un curso intensivo de preparación lingüística previo á saída dos participantes, un seguro de responsabilidade e unha axuda económica para o financiamento da manutención e estadía.

 Maís información, en www.edu.coruna.es

 

Déixanos o teu email e manterémoste informado de todas as novidades.