English French German Italian Portuguese
Chámenos: 881 961 030

UNIFORMIDADE HOSTALARIA E TURISMO

PAXINA EN CONSTRUCCION

 

Material e uniformidade  CM PRC

Material e uniformidade  CM COCIÑA

Material e uniformidade   CM SERES E CS DIRSE

Material e uniformidade   CS DIRCO

PRACTICAS EMPRESAS EUROPEAS

O CONCELLO DA CORUÑA OFERTA EN ABRIL 28 PRAZAS PARA TITULADOS EN CICLOS MEDIOS E SUPERIORES DE FP PARA DESENVOLVER PRÁCTICAS EN EMPRESAS EUROPEAS

 

Do 2 ao 29 de abril estará aberto o prazo de inscrición para participar nos programas educativos Bolsas Europa FP-Proxecto Acoreuropa VI e VII, a través dos cales persoas tituladas en ciclos medios e ciclos superiores de FP poderán realizar prácticas formativas de tres meses en empresas de Austria, Italia, Irlanda, Francia e Portugal.

O programa Acoreuropa VI, na súa terceira convocatoria, oferta 18 bolsas para persoas tituladas en ciclos medios de FP en decembro de 2017 ou que vaian a titular en xuño de 2018, mentras que o Acoreuropa VII oferta 10 bolsas para persoas tituladas en ciclos superiores en decembro de 2017 ou xuño de 2018. As mobilidades desenvolveranse de mediados de setembro a mediados de decembro deste ano.

A inscrición podese facer a través das correspondentes fichas habilitadas na web educativa municipal (www.edu.coruna.es), se ben posteriormente deberán presentar nalgún rexistro municipal ou doutras administraciones a documentación requerida e que ven indicada nas bases dos programas.

 O proxecto Acoreuropa é desenvolto pola Concellaría de Xustiza Social e Coidados, a través do Servizo Municipal de Educación, en convenio co Servicio Español para la Internacionalización de la Educación (SEPIE) e os centros docentes asociados, contando coa colaboración da Deputación Provincial da Coruña.

As bolsas cubren os gastos de desprazamento e aloxamento, ademáis da búsqueda de empresa e un contrato non laboral de tres meses de duración en empresas de Italia, Irlanda, Austria, Francia e Portugal. Tamén inclúen un seguro de responsabilidade e unha cantidade variable en función do país para colaborar na manutención e estadía das persoas participantes.

 

MÁIS INFORMACIÓN E ACLARACIÓNS DE DÚBIDAS NO:

Nos propios centros ou no Servizo Municipal de Educación, en Casa Paredes. Avda. da Mariña, 18 – 2ª pranta. Correo-e: Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.">educacióEsta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. e teléfono: 981 184 200, extensión 12114

Déixanos o teu email e manterémoste informado de todas as novidades.