PROXECTO BANDEIROLAS
Proxecto de reutilización das bandeirolas publicitarias
Este proxecto foi realizado polos alumn@s da familia de “téxtil, confección e pel” e consistiu na xeración de ideas e elaboración de prototipos utilizando como materia prima as bandeirolas empregadas polo concello para promover os eventos que teñen lugar na cidade.
Os obxectivos que se trataron de acadar a través deste proxecto foron:
- Sensibilizar na reutilización de materiais, de forma que se reduza a xeración de residuos.
- Fomentar o interese na mellora do medio.
- Desenvolver a creatividade do alumnado.
- Potenciar a responsabilidade cara ó entorno.
- Analizar as posibilidades do material de cara ao seu corte, marcaxe e confección.