Viveiro de empresa
O CIFP Paseo das Pontes dispón dun viveiro de empresa,que ten como obxectivo facilitar aos alumnos e exalumonos de centros sostidos coon fondos públicos, o espazo e asesoramento axeitados para a posta en marcha dun negocio ou de proxectos empresariais viables.
Que ofrece o noso viveiro de empresas?
Asesoramento:
-
Formación e apoio do profesorado que imparte formación relacionada co sector no que se desenvolverá o proxecto.
-
Titoría pola coordinadora ou coordinador de emprendemento, responsable do seguimento e da orientación no teu proxecto.
-
Asesoría de persoal técnico especialista do IGAPE.
Instalacións:
-
Local axeitados para o desenvolvemento de actividades das persoas emprendedoras.
-
Moblaxe básica propia dunha oficina, cos equipamentos informáticos e de telecomunicacións axeitados.
Servizos:
-
Servizos asociados ás infraestruturas (seguridade, limpeza, luz, etc.).
-
Servizos auxiliares da actividade empresarial como conexión a internet.
-
Difusión da túa empresa a través da páxina web www.edu.xunta.es/fp.
Requisitos de acceso
-
Alumnado matriculado (ou que rematara os seus estudos nos últimos catro anos) nalgunha ensinanza sostida con fondos públicos de Galicia de: formación profesional, artes plásticas e deseño; superiores de deseño, de conservación e restauración de bens culturais, de arte dramática, de música, de danza; deportivas, bacharelato e educación secundaria para persoas adultas (ESA).
-
Ter un proxecto empresarial a desenvolver na Comunidade Autónoma de Galicia.
-
Presentar un Plan de Empresa que garanta a viabilidade do proxecto.
Na actualidade contamos cunha empresa en funcionamento e outros dous emprendedores en fase de proxecto empresarial.
EMPRESA EN FUNCIONAMENTO
DOBLE AA Consultoría Alimentaria
Emprendedor:
María Teresa Miguélez Freire
Empresa adicada a consultoría no sector da industria alimentaria e os particulares
NO VIVEIRO EN FASE DE PROXECTO
-
Brand-it
Emprendedor:
Paola Magali Aguiar Martínez
Brand-it e unha empresa dedicada a ofertar aqueles servizos relacionados cas artes gráficas de xeito global, o deseño gráfico e o deseño web.
*Folletos .pdf (descargar aquí e aquí)