English French German Italian Portuguese
Chámenos: 881 961 030

Idea

É un concurso que pretende potenciar a realización de proxectos empresariais polo alumnado das ensinanzas de formación profesional, deportivas ou de artes plásticas e deseño da Comunidade Autónoma de Galicia sostidas con fondos públicos.
 
Quen pode presentarse ao concurso?
Poderá participar o alumnado que cumpra os seguintes requisitos:
Estar matriculado no curso 2014-2015 nas ensinanzas de formación profesional, deportivas ou de artes plásticas e deseño sostidas con fondos públicos.
A participación terá que ser en grupo, formado por un mínimo de dous/dúas alumnos/as e un máximo de catro.
Estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias ou fronte á Seguridade Social e de non ter pendente de pagamento ningunha débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma.
 
Premios
Premiaranse os tres mellores proxectos de empresa de cada modalidade.

  • Modalidade A: ciclos de grao superior
    • Incorporación a un viveiro de empresa da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
    • Asesoramento técnico do IGAPE.
    • Dotación económica:
      • 1º premio: 3000 euros
      • 2º premio: 2000 euros
      • 3º premio: 1000 euros
  • Modalidade B: ciclos de grao medio
    • Incorporación a un viveiro de empresa da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
    • Asesoramento técnico do IGAPE.
    • Dotación económica:
      • 1º premio: 3000 euros
      • 2º premio: 2000 euros
      • 3º premio: 1000 euros


Prazo de presentación de solicitudes


O prazo de presentación de solicitudes será de 30 días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia (DOG). No presente curso está pendente de publicación.

Déixanos o teu email e manterémoste informado de todas as novidades.