English French German Italian Portuguese
Chámenos: 881 961 030

Concurso de ideas emprendedoras

PRIMEIRO CERTAME CURSO 2014/2015

SEGUNDO CERTAME CURSO 2015/2016


O CIFP Paseo das Pontes convoca o  certame do concurso de ideas emprendedoras, coa finalidade de incentivar e fomentar o espírito emprendedor do alumnado. A través desta primeira aproximación á idea dun negocio pretendemos potenciar as cualidades persoais de creatividade, innovación , a capacidade de asunción de riscos e a autonomía personal do noso alumnado. Esta idea consituirá a base sobre a que se desenvolverá o proxecto de empresa, no que xa se avaliará a viabilidade económico-financera do negocio de cara á sua implantación no mercado.
    En canto ao número de participante tanto no primeiro certame -48 participantes- como no segundo -54 participantes -  foi moi elevado, cumpliéndose as expectativas.


PREMIOS


    Os premios consistiron nun primer premio de 100 euros por familia profesional, e un segundo premio de 50 euros – éste último soamente nas familias profesionais nas que se acadou maior participación e nivel de creatividade-. Todos os participantes recibiron un diploma acreditativo da presentación da idea no concurso.
    Os criterios a valorar pola comisión que seleccionou aos finalistas foron os seguintes:

  • Creatividade: na descripción da idea e soporte no que se plasma a mesma
  • Innovación tecnolóxica
  • Protección do medio ambiente
  • Perspectivas de viabilidade

II CERTAME DO CONCURSO DE IDEAS

ALUMNOS PREMIADOS

Familia profesional: HOSTELERIA


As ideas presentadas na familia de Hostelería e Turismo estiveron maioritariamente relacionadas coa protección do medio ambiente e a preocupación polo uso de materias primas ecolóxicas e locales. Neste sentido as propostas incidían na necesidade de traballar na xestión de actividades diarias das empresas, tales como o gasto de enerxía, o uso e contaminación do auga, a optimización de produtos e a xestión dos residuos non reciclables. Asímesmo , moitas das propostas destacaban pola necesaria inversión en novas tenoloxías, como a aplicación para facer pedidos dende os dispositivos móbiles, ou para fidelizar á clientela, é sobre todo para a publicidade , promoción e márketing da empresa.

PRIMER PREMIO: ANA MARÍA LÓPEZ NEIRA

Restaurante Alecrín:


Restaurante de pratos tradicionais, con factor de innovación tecnólóxica. Con códigos QR  ábrese unha porta ao consumidor para facelo partícipe de toda a oferta, que o usuario poderá escanear co seu dispositivo móbil, para que de xeito virtual poidan visitar as instalacións, o proceso de elaboración dos produtos, os seus ingredientes e ademais información adicional da  súa historia.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

SEGUNDO PREMIO: MARÍA JOSÉ ARMERO TOMÁS

Zanahoria e brécol

A proposta consiste nun restaurante vexetariano con servizo de catering. Como restaurante, conta
con servizo de menú pechado ao mediodía, repostería casera vegana e especial paracelíacos, e servizo de ceas á carta.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Familia profesional: TEXTIL


As ideas presentadas na Familia Profesional Textil destacaron pola súa diversidade, aunque tiveron en común a importancia que todas deron ao diseño, a diferenciación, e o impacto no medio ambiente: unha empresa de confección e patronaxe
de roupa idéntica para fillas e nais, un negocio de comercialización de teas ecolóxicas e orgánicas, unha tenda “pop up store” móvil,óu a creación das túas propias prendas a
partir do patrón enviado son algunhas das propostas desta familia profesional

PRIMER PREMIO:    PAOLA MAGALI AGUIAR MARTINEZ  (2ºPAMO)

Project No10

É unha empresa enfocada á arte urbana e á moda. Trátase dun espazo textil-artístico, con varias plataformas de exhibición, difusión e apoio a proxectos artísticos e culturais, con especial incidencia na comercialización de produtos textiles a través da súa marca EBONY AND IVORY.

SEGUNDO PREMIO: ADRIANA CALO REY  (2ºPAMO)

ENTREPESPUNTES:


Trátase dunha idea que nace para sacar o lado máis creativo do cliente. Ëste só terá que entrar na páxina web e escoller o tipo de peza que desexe, introducir as súas medidas e escoller unha tea. En tres días terá na súa casa unha caixa de patronaje deseñada onde se incluirán os patróns, a tea, a agulla, alfileres e unha sinxela lista de fases na que se explica como confeccionar a peza.

 

Familia profesional: INDUSTRIAS ALIMENTARIAS


PRIMER PREMIO: RODOLFO ESPINOZA DOPAZO

ICEGAL

 

Empresa de produción de xeo semitransparente con aroma e toques do sabor doce e ácido, característico da laranxa e o limón. O produto levará no seu centro un anaco do froito. A auga utilizada será tratada con cloro, carbón activo, filtros sedi-mentadores, luz ultravioleta e un proceso final de ósmosis inversa para garantir un auga 100% pura.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Déixanos o teu email e manterémoste informado de todas as novidades.