English French German Italian Portuguese
Chámenos: 881 961 030

A Coruña EMPRENDE 2

 

O obxectivo principal deste programa é avanzar na difusión do valor do emprendemento contribuíndo ao desenvolvemento das comarcas da provincia de A Coruña, así como promover o desenvolvemento das cualidades persoais, tales como a creatividade, a iniciativa, a sunción de riscos e a responsabilidade.

As actuacións que o CIFP Paseo Das Pontes desenrrolará neste curso dentro do mesmo,  son as seguintes:

  • ACTIVIDADES DE FORMACIÓN

          Actividades de formación para o alumnado

         

          Actividades de formación para o profesorado

        

 

FORMACIÓN PROFESORADO CORUÑA

 

ACTIVIDADE

DATA

COMUNICACIÓN Y MOTIVACIÓN

14 e 26 XANEIRO 2016

COMERCIO ON LINE E PRESENTACIÓNS DE IMPACTO

16 e 23 FEBEREIRO 2016

DESIGNING THINKING E MARKETING ON LINE

3 e 11 MARZO 2016

PATENTES E MARCAS. DA IDEA AO NEGOCIO

6 e 13 DE ABRIL 2016

 

 

 

 

 

  • PROXECTO MINIEMPRESA


A) XUSTIFICACIÓN

         
A  situación actual que atravesa o ámbito económico ten o seu reflexo na evolución que se está a vivir na  actividade emprendedora.  Esta circunstancia fai que dende os centros educativos  se incentive o fortalecemento desta cultura e do autoemprego nuns tempos difíciles no que o perfil da persoa que emprende un proxecto empresarial se convirte, máis que nunca, nun  aspecto esencial do éxito da nova empresa.
Dende esta perspectiva, O CIFP Paseo Das Pontes dentro do “Programa Coruña Émprende 2” e seguindo as directrices marcadas por Emprendemento dentro do sistema educativo galego propón crear unha miniempresa dentro sistema produtivo do sector da hostalaría, pero ademáis esta empresa principal subcontratará os servizos necesarios complementarios (marketing, producción, loxística) a outras empresas simuladas, para o que aboará unha contraprestación , e  o acordo se formalizará a través da firma dun contrato de arrendamento de servizos.

    Con este proxecto trataríamos de  por en práctica os coñecementos e o traballo realizado ao longo do ciclo, cunha posta en escea da  produción  e comercialización dos produtos elaborado polos alumnos .

B) FASES DE EXECUCIÓN

FASE 1: Determinación da idea do Proxecto.
Determinarase entre todos os participantes de forma consensuada, o produto central, o produto aumentado, a utilidade e o valor engadido, non esquecendo a creatividade, a  orixinalidade e a innovación.

FASE 2: Elaboración do plan de empresa polo alumnado do 2º curso do Ciclo Superior de Direción de Cociña: no módulo de EIE toda a clase desenrolará este plan de forma conxunta, que será levado a cabo en paralelo aos seus proxectos individuais de empresa. Dende o 2º curso do Ciclo Superior de Patronaxe e Moda levarase a cabo o estudo de mercado , marketing e publicidade da mesma.

FASE 3: División e asignación das diferentes áreas funcionais da empresa entre os alumnos e alumnas.

 FASE 4: Execución dos obxectivos:

  * 4.1.-Creación e posta en marcha: Cada área funcional será responsable do cumprimento dos seus obxectivos, que aparecen reflectidos  no organigrama. Entre estes estarán os encargados de subcontratar
determinados servizos ás outras familias profesionais do Centro.

  *4.2.- Venda do produto:  A venda da producción será levada a cabo de forma real no propio CIFP Paseo das Pontes, durante a semana adicada ao Emprendemento. Ésta terá lugar ao longo da semana do 22 ao 26 de febreiro de 2016.

FASE 5: Control e supervisión polos profesores do ciclo e a Cordinadora de Emprendemento.

 

  • CONCURSO PARA O FOMENTO DA CREACIÓN DE PROXECTOS EMPRESARIAIS


A convocatoria do concurso do presente curso está pendente de publicación.

 

 

 

 

 

Déixanos o teu email e manterémoste informado de todas as novidades.