English French German Italian Portuguese
Chámenos: 881 961 030

Emprendemento

O Plan de Emprendemento no Sistema Educativo de Galicia, eduemprende, ten como finalidade fomentar o espírito emprendedor no sistema educativo de Galicia, e establecer a estratexia de fomento da cultura emprendedora que a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria lle transmitirá á comunidade educativa.


Para a consecución desta finalidade , dende o CIFP Paseo Das Pontes programamos unha serie de actuacións e programas para incentivar e acercar ao  noso alumnado ó autoemprego, como unha saída profesionaal a ter en conta.


O espírito emprendedor estase a converter nun dos motores principais da innovación, da competitividade e do crecemento da economía, no contexto económino no que nos atopamos. Está demostrado que a educación e a formación contribúen á creación dunha cultura emprendedora,  fomentando entre o alumnado as cualidades e habilidades  persoais que constitúen a base do espírito empresarial, e que son fundamentais para moitos outros ámbitos das súas vidas: a creatividade, a iniciativa, a responsabilidade, a capacidade de afrontar riscos e a autonomía persoal.

 

Déixanos o teu email e manterémoste informado de todas as novidades.